Dicionario moderno inglés-galego con máis de 20.000 entradas

20.000 entradas, 30.000 correspondencias e 60.000 contextos de uso, en máis de 1.200 páxinas. Eses son os datos do Dicionario moderno inglés-galego elaborado por un equipo da Universidade de Vigo e editado por 2.0 Editora

O Dicionario moderno inglés-galego preséntase como unha “imprescindible ferramenta para o acceso a outras culturas, a aprendizaxe do inglés, o afondamento en coñecementos xa adquiridos, ou o dominio da lingua inglesa desde a semántica do galego.”

Este dicionario contén 20.000 entradas do idioma inglés que incorporan o vocabulario cotiá, de actualidade, do mundo dos negocios e os termos especialidados de uso máis frecuente, e ten 30.000 correspondencias para o idioma galego, baseadas en traducións reais, que incorporan o seu contexto de uso, o que proporciona unha ampla información semántica do uso da forma inglesa.

A obra foi elaborada por un equipo de especialistas en lexicografía da Universidade de Vigo, coordinado por Xavier Gómez Guinovart, e está editado por 2.0 Editora.

Información completa aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio