Dermalar, O Gato Cósmico e Ana López-Suevos, premios Manuel Beiras 2011 polo uso do galego en Compostela

A clínica dermatolóxica Dermalar, a tenda de deseños exclusivos O Gato Cósmico, e a xuíza Ana López-Suevos reciben o Premio Manuel Beiras, que recoñece o fomento do uso do galego en Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio entregaron os galardóns da décimo segunda edición dos Premios Manuel Beiras, que este ano foron:

-Categoría de incorporación ao uso do galego: Clínica de Dermatoloxía e Medicina Estética Dermalar

-Categoría de uso continuado da lingua galega: O Gato Cósmico, tenda de deseños exclusivos

-Distinción especial pola defensa da lingua: Ana López-Suevos, xuíza do Xulgado de Santiago de Compostela

En edicións anteriores xa foron premiadas empresas como Aceiro, T44, Papelaría Xaquín, Rey Xestión, Clínica Veterinaria, Sala Nasa, R, Otero Pombo, XHO, Castromil, Espeteira, Vieiros, Xanela Arquitectura, Fundación Galicia Empresa, Alcampo Santiago, Freire Chico, Editorial Compostela, Escola Infantil Raiola, Mercado de Abastos de Santiago, Litonor, Confederación Galega de Minusválidos, Libraría Couceiro, Erica Mel, Seguridade A1, Cenlitrosmetrocadrado, Dado Dadá, Federación de Libreiros, A Navalla Suíza, Tórculo Artes Gráficas, Área Central, Libraría Pedreira, Localia Santiago, Lambonadas Pecados, O Dezaseis, Novi Ius ou Atlántica de Información.

Outros premios que se convocan con finalidades moi semellantes son o Xoán Manuel Pintos (Concello de Pontevedra e REAL), o Xulio Dans (Concello de Oleiros), o Dolmen de Ouro (Federación de Empresarios do Barbanza), Comercio en galego (Concello de Vilagarcía), etc.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio