Deixa que o viño fale galego

A Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística está a desenvolver unha campaña para promocionar o consumo do viño etiquetado en galego, co lema "Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego".

A campaña conta co apoio da Consellería de Medio Rural e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A iniciativa inclúe tamén un manifesto de adhesión a través do cal as institucións e personalidades asinantes se comprometen a que nos actos protocolarios, caso de servírense viños, teñan preferencia os etiquetados en lingua galega. O manifesto xa foi asumido por moitos concellos e outras entidades e tamén por persoas a título individual.

Segundo a propia asociación responsábel da campaña, dunha ducia de adegas que etiquetaban o viño na nosa lingua no ano 2003 pasouse a 115 dun total de 440 que existen en Galiza na actualidade, isto supón que a cuarta parte das adegas etiquetan o viño en galego.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio