Xogamos? En galego podemos; Obradoiro de monicreques; Libros perdidos; Camiño da lingua; Paseniño coa lingua; Ludoteca lingüística e Roda de xogos son as actividades que están incluídas no Verán de 4 a 4, que organiza o Concello de Vigo, desde o seu SNL, desde o 4 de xullo ao 4 de setembro.
Datas, horarios e información completa destas actividades, podes atopala aquí (.pdf)>
De 4 a 4. Verán de dinamización lingüística en Vigo
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta o programa de actividades lúdico-didácticas Verán de 4 a 4, que se desenvolverá entre o 4 de xullo e o 4 de setembro de 2011. Ludotecas lingüísticas, obradoiros de monicreques, camiños da lingua, rodas de xogos...