Dálle uso… á lingua, campaña e concurso da ANL da UVigo

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pon en marcha o concurso da campaña "Dálle uso... á lingua", cuxo praza para presentar mensaxes rematará o luns 6 de abril de 2009.

O concurso “Dálle uso … á lingua” consiste en responder por correo electrónico á chamada do anuncio “Busco amante galego falante” para aprender a nosa lingua, que se distribuíu nos tres campus da Universidade de Vigo e que tivo moito eco nos medios de comunicación.

No concurso poderá participar calquera membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PDI, alumnado e PAS). As mensaxes serán de texto, audio ou vídeo, e as persoas que desexen participar no concurso “Dálle uso… á lingua” deberano facer a través do sitio web www.dalleuso.com onde despois de rexistrarse como usuario/a enviará a súa proposta para a posterior valoración.

Cada participante poderá enviar unicamente unha mensaxe a través do formulario que aparece no sitio web dalleuso.com despois de cubrir todos os campos obrigatorios.

Pode consultar as bases completas nesta ligazón.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio