A primeira sesión terá lugar o vindeiro sábado, 7 de novembro, ás 20:00 h, no Centro Social Sagrada Familia.
As seguintes desenvolveranse na Asociación Tempo Novo (14 de novembro), no Centro Cívico Mariñeiros (21 de novembro) e no Liceo de Artesáns de Monelos (28 de novembro).
Máis información no blogue do SNL da Coruña.
Curtas en Galego, ciclo na Coruña
A Concellaría de Xuventude, Solidariedade e Normalización Lingüística presenta o ciclo de curtametraxes en galego “Outono Audiovisual”, que se desenvolverá os sábados do mes de novembro en diferentes locais sociais da Coruña.