Cursos presenciais e en liña de linguaxe administrativa para persoal da Administración autonómica

A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa galega para persoal da Administración autonómica. En total convocan de nivel medio 13 cursos en liña e 4 presenciais, e 16 de nivel superior presenciais. O prazo de solicitude remata o 22 de febreiro

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), publica no DOG do 10 de febreiro a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa para persoal da Administración autonómica, exceptuando o profesorado da Consellería de Educación e o persoal sanitario da Consellería de Sanidade.

CURSOS

Linguaxe administrativa nivel medio

-13 edicións na modalidade de teleformación

-4 edicións presenciais, en Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

Lingua administrativa nivel superior

-16 edicións presenciais, na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

SOLICITUDE

O prazo de solicitude está aberto até o 22 de febreiro e debe facerse na zona de matrícula do web da EGAP.

Convocatoria completa (DOG 10/2/11) >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio