Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras en Santiago de Compostela

O Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan a 24º edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, que terán lugar en Santiago de Compostela do 4 ao 29 de xullo de 2011. O prazo de inscrición remata o 1 de maio

O fin primordial destes cursos é darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galiza. Amais das clases teóricas e prácticas de lingua, están programadas actividades sobre literatura, historia, xeografía, arte, etc., de Galiza, así como excursións e visitas a lugares de principal interese cultural e paisaxístico.

A convocatoria consta de distintos niveis:

– Un nivel elemental, de iniciación á lingua para quen desexe introducirse no seu coñecemento. O alumnado deste nivel distribuirase en dous grupos segundo o grao de comprensión da lingua, previa a realización dunha proba.

– Un nivel medio, destinado a quen xa realizou o curso elemental ou que posúa un coñecemento básico do idioma, previa realización dunha proba.

– Un curso superior de Filoloxía Galega para quen cursou o nivel medio ou acredite un bo dominio do galego.

Inscrición

Pódense inscribir todas as persoas que o desexen. Unicamente se esixe ter cumpridos 18 anos e que a ficha de inscrición e a documentación requirida no caso de petición de bolsa estea na Secretaría dos Cursos antes do 1 de maio de 2011.

Información completa e tarxeta de inscrición >

Os cursos terán lugar entre o 4 e o 29 de xullo de 2011.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio