Niveis, cursos e modalidades:
-Medio: dous cursos, un presencial (en Santiago de Compostela) e outro na modalidade de teleformación
-Superior: catro cursos, un presencial (en Vigo) e tres na modalidade de teleformación
Número de prazas por curso: 30
Persoas destinatarias: xuízas e xuíces, maxistradas/os, fiscais, secretarias/os xudiciais, médicas/os forenses, funcionarias/os dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais de Galicia; letradas/os da Xunta; a notarias/os, rexistradoras/es da propiedade, avogadas/os, procuradoras/es e alumnas/os da Escola de Práctica Xurídica de Galicia; profesoras/es de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarias/os interinas/os da Administración de xustiza.
Prazo de solicitudes: até o 11 de abril, ás 14.00 h
Convocatoria completa, aquí (.pdf) >
Cursos de linguaxe xurídica para persoal de xustiza
A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de linguaxe xurídica galega destinados ao persoal ao servizo da Administración de xustiza e mais aos colectivos relacionados co ámbito xurídico. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de abril