O DOG do 6/4/11 publica a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega para persoal das administracións locais, organizados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Os cursos de nivel medio realizaranse na modalidade de teleformación, e terán lugar do 5 de setembro ao 11 de novembro.
Os cursos de nivel superior realizaranse en modalidade presencial, mais só na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.
O prazo para presentar solicitude de participación remata o 13 de abril, e debe facerse no web da EGAP, no apartado de matrícula.
A convocatoria completa, en formato .pdf, pódese consultar aquí >
Cursos de linguaxe administrativa para persoal da administración local
A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa para persoal da administración local, tanto de nivel medio (na modalidade de teleformación) como de nivel superior (modalidade presencial). O prazo de inscrición remata o 13 de abril