Cursos de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras nas universidades galegas

As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas dúas universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo e o prazo de inscrición remata a comezos de maio

SANTIAGO DE COMPOSTELA

XXVI Curso de verán de Lingua e cultura galegas para persoas estraxeiras

-Niveis: elemental, medio e superior

-Datas: do 4 ao 24 de xullo de 2013

-Axudas: a universidade concede varias bolsas de 350 € cada unha (e exención do pagamento da matrícula)

-Prezo da matrícula: 150 €

-Prazo de inscrición: antes do 1 de maio

Info completa >

A CORUÑA

VI Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras

-Niveis: elemental (A1 e A2) e intermedio (B1 e B2)

-Datas: do 1 ao 24 de xullo de 2013

-Axudas: a universidade concede 16 bolsas de 500 € cada unha

-Prezo da matrícula: 60 €

-Prazo de inscrición: até o 3 de maio

Info completa >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio