Os cursos preparatorios para as probas de obtención do Celga terán lugar nas escolas oficiais de idiomas (EOI) de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo.
Os cursos de linguaxe administrativa de nivel medio e superior terán lugar nas EOI de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Os 47 cursos convocados para estas seis cidades terán distintas datas e horarios, segundo a programación que figura nos anexos da convocatoria.
Prazos de solicitude:
– Para a quenda de cursos de febreiro/marzo: até o 3 de febreiro de 2011.
– Para a quenda de cursos de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 2011.
Convocatoria completa en .pdf, cos cadros de programación e folla de solicitude >
Ademais destes cursos, a Consellería de Educación convoca ademais, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, outros para colectivos ou para particulares, que terán lugar na Coruña, Betanzos, Celanova, Culleredo, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Ourense, Pontevedra, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sarria, Verín, Vigo, Vilalba e Viveiro.
O prazo de solicitude para estoutros cursos remata o 28 de febreiro, e pódese obter máis información aquí.
Cursos de galego en escolas oficiais de idiomas: Celga e linguaxe administrativa
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca cursos de linguaxe administrativa galega (niveis medio e superior) e mais cursos de preparación para a obtención do Celga (niveis 1, 2, 3 e 4) para 2011