Cursos de formación de profesorado de galego e de avaliadores Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organiza diversos cursos dirixidos ao seu profesorado colaborador. Un Curso de formación de avaliadores terá lugar os días 6 e 7 de agosto, e un Curso de formación de profesorado de galego desenvolverase entre o 27 de xullo e o 5 de agosto.

Curso de formación de avaliadores Celga

-Datas do curso: 6 e 7 de agosto do 2009 (8 horas), en horario de mañá

-Datas da matrícula: 14 ao 24 de xullo do 2009

Os días 6 e 7 de agosto terá lugar en Santiago de Compostela unha nova edición das Xornadas de Formación de Avaliadores do Celga/Curso de formación de avaliadores Celga, organizadas conxuntamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.

Para poder participar nestas xornadas, é necesario ter realizado o Curso de Formación de Profesores de Galego, que organizan conxuntamente a SXPL e Cursos Internacionais da USC.

Tamén é necesario estar inscrito/a nas listas de profesorado colaborador da SXPL.

Toda a información en Cursos Internacionais – USC

Tfno.: 981 597 035

Fax: 981 597 036

Enderezo electrónico: linguas@usc.es



Curso de formación de profesorado de galego

-Datas do curso: 27 de xullo – 5 de agosto de 2009 (en horario de mañá)

-Datas da matrícula: 7 ao 17 de xullo do 2009

Lugar de celebración: Campus Sur da USC – Santiago de Compostela

Destinatarios

Profesores colaboradores da SXPL e profesores das Escolas Oficiais de Idiomas.

Licenciados/as en Filoloxía Galega, que non recibisen formación por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que estean inscritos nas listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Licenciados/as en Filoloxía Galega, que non recibisen cursos de formación por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que sexan solicitantes de inscrición na listaxe de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Licenciados/as noutras filoloxías ou en Tradución e Interpretación, sempre e cando cursasen materias de lingua galega.

Toda a información en:

Cursos Internacionais da USC

Tfno.: 981 597 035

Fax: 981 597 036

Enderezo electrónico: linguas@usc.es

Pódese consultar o programa de formación para o profesorado colaborador da SXPL en .pdf aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio