Curso de xestión administrativa para SNL (3.ª edición)

Santiago de Compostela, 26 de maio e 9 e 17 de xuño de 2011
Listaxe de persoas admitidas e listaxe de agarda (.pdf) >

Convocatoria completa do Curso de xestión administrativa para SNL de administracións públicas locais (.pdf) >

Obxectivos xerais

-Coñecer o procedemento administrativo xeral que lle afecta aos SNL

-Achegarse aos trámites administrativos básicos que require o traballo desde os SNL

-Fornecer dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa nun SNL

Contidos

-As fontes do dereito local. Réxime de organización e funcionamento

-O procedemento administrativo local

-As subvencións

-Os contratos do sector público

-Os convenios, protocolos e acordos de colaboración

-Requisitos e tramitacións das facturas

-O control interno da actividade económico-financeira das entidades locais. Os reparos

-Xestión do gasto público. Execución dos orzamentos

Profesora

-Alicia Paula Otero González. Técnica de administración xeral no Concello de Pontevedra

Datas e horarios

Xoves 26 de maio, de 17.00 h a 21.00 h

Xoves 9 de xuño, de 17.00 h a 21.00 h

Venres 17 de xuño, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h

Lugar

-Aula 24 da Facultade de Filoloxía da USC. Avda. de Castelao s/n. Santiago de Compostela

Duración

-16 horas

Persoas destinatarias

– Traballadores/as de servizos de normalización lingüística (SNL), nomeadamente da administración local

-Persoas interesadas en traballar en SNL

Procedemento, calendario de inscrición e límite de prazas

-Inscrición: a través do formulario habilitado para o efecto

-Límite de prazas: 25

Dado que o número de prazas está limitado a 25, terán preferencia os/as socios/as da CTNL. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.

Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL número 2091-0377-74-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso xestión”.

Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

Calendario de inscrición

-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 1/4/2011 ás 10.00 h até o 9/5/2011 ás 14.00 h

-Publicación da listaxe de persoas admitidas: o 10/5/2011

-Prazo para facer o ingreso de matrícula: até o 19/5/2011

-Datas do curso: 26 de maio e 9 e 17 de xuño de 2011

Cota de inscrición

-Socias/os da CTNL: 30 euros

-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os (non socias/os): 40 euros

-Non socias/os da CTNL: 100 euros

Certificado de asistencia

-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso

ORGANIZA

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN

-Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Galega

-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

NOTA: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES NO FORMULARIO. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio