Listaxe de persoas admitidas
Convocatoria completa en .pdf >
Obxectivos xerais
-Coñecer o procedemento administrativo xeral que lle afecta aos SNL
-Achegarse aos trámites administrativos básicos que require o traballo desde os SNL
-Fornecer dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa nun SNL
Contidos
-Pasos básicos para poder tramitar actividades
-Características básicas dos tipos de tramitacións
-Convocatorias e concesión de subvencións
-Convenios, acordos de colaboración, etc.
-Órganos da administración implicados no gasto
-Orzamentos e facturas
-Resolucións
-Lexislación básica
Profesora
-Alicia Paula Otero González. Técnica de administración xeral no Concello de Pontevedra
Datas e horarios
1.ª edición: PONTEVEDRA, outubro de 2010
-Venres 22 de outubro, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h
-Sábado 23 de outubro, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h
2.ª edición: haberá unha segunda edición que terá lugar en Santiago de Compostela os días 26 e 27 de novembro de 2010
Duración
-16 horas
Persoas destinatarias
– Traballadores/as de servizos de normalización lingüística (SNL), nomeadamente da administración local
-Persoas interesadas en traballar en SNL
Procedemento, calendario de inscrición e límite de prazas
-Inscrición: a través do formulario habilitado para o efecto neste mesmo espazo dentro dos prazos de inscrición
-Límite de prazas: 25 en cada edición
Dado que o número de prazas está limitado a 25, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL e, a continuación, os/as técnicos/as de entidades que formen parte da Rede de Dinamización Lingüística. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.
Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.
As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL número 2091-0377-74-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso xestión adm.”.
Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.
Calendario de inscrición para a 1.ª edición (PONTEVEDRA > OUTUBRO)
-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 11/10/2010 ás 10.00 h até o 15/9/2010 ás 24.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 18/10/2010 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 21/10/2010
-Datas do curso: 22 e 23 de outubro de 2010
Calendario de inscrición para a 2.ª edición (SANTIAGO DE COMPOSTELA > NOVEMBRO)
-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 8/11/2010 ás 10.00 h até o 12/11/2010 ás 14.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 15/10/2010 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 22/11/2010
-Datas do curso: 26 e 27 de novembro de 2010
Cota de inscrición
-Socias/os da CTNL: 30 euros
-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os (non socias/os): 40 euros
-Non socias/os da CTNL: 100 euros
Certificado de asistencia
-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso
ORGANIZA
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN
-Universidade de Santiago de Compostela
-Rede de Dinamización Lingüística
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
-Pazo da Cultura. Concello de Pontevedra
NOTA: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES NO FORMULARIO. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN
Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (1.º edición, Pontevedra, outubro de 2010)
Pontevedra. 22 e 23 de outubro de 2010