Curso de verán na USC sobre ensino de linguas e inmigración

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza un curso de verán sobre Culturas que falan: ensino de linguas e inmigración.

Nel analizarase a participación das familias inmigrantes nos centros educativos, o teatro para o ensino das linguas, os contos como elemento integrador no ensino de idiomas, novas tecnoloxías e atención educativa a inmigrantes, adquisición e avaliación da competencia intercultural na aprendizaxe de linguas, aprendizaxe de idiomas a través de contidos, a diversidade lingüística, etc. Ademais, presentaranse materiais e experiencias.

DATAS: do 9 ao 11 de xullo

LUGAR: Facultade de Filoloxía da USC

HORAS: 30

MATRÍCULA: até o 27 de xuño. Toda a información, aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio