Curso de verán na USC: O software libre e a lingüística

Dentro do programa de cursos de verán da USC, a Oficina de Software Libre organiza o seminario "O software libre e a lingüística", cuxo principal obxectivo é expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interrelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüística, tanto na análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.

O curso terá lugar entre o luns 21 e o xoves 24 de setembro no horario de 9:30 a 13:30 e contará con diferentes palestras e seminarios prácticos:

Luns 21



  • O Software Libre como ferramenta de normalización lingüística nas linguas minorizadas


  • Clase maxistral: experiencias na tradución de contornos de usuario


  • Tradución automatizada (TA)


  • Tradución asistida por ordenador (TAC)




Martes 22



  • As empresas galegas na localización do Software Libre


  • Software existente: correctores ortográficos, analizadores sintácticos, dicionarios, glosarios


  • Software en desenvolvemento: correctores estilísticos, sinónimos, gramaticais.


  • Etiquetado, lematización, análise de corpus (léxica e gramatical)




Mércores 23



  • Software Libre e a lingua: recursos e máis información


  • Software libre na USC para o procesamento da linguaxe natural




Xoves 24



  • Bases de datos lingüísticas, deseño, creación e xestión; tesouros, extracción e xestión de terminoloxía


  • Dixitalización, edición e codificación de documentos


  • E-learning de linguas




Podes achar máis información sobre este curso nesta ligazón
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio