Listaxe de persoas admitidas
Convocatoria completa en .pdf >
Obxectivos xerais
-Mellorar a comunicación relacionada coa normalización lingüística a través da utilización de presentacións de xeito eficiente
-Utilizar as presentacións con modelos adecuados, modernos e eficientes para transmitir mellor as mensaxes
-Estimular o uso eficiente das novas tecnoloxías e os novos formatos de comunicación no proceso de normalización da lingua galega
Este curso non é
-un curso nin de informática nin de powerpoint
-un curso teórico sen experimentación
Contidos
-Os programas informáticos: contorno de traballo, modelos e compatibilidades
-A planificación: estrutura, axudas visuais, cores, fotos, táboas…
-A comunicación con apoio gráfico: facerse co escenario, posta en escena, conectar coa audiencia, evitar a monotonía…, funciona todo?
Profesorado
-Ana Otero
-Manuel Bermúdez
-Sandra Vázquez
Datas e horarios
2.ª edición: novembro de 2010
-Martes 2 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h
-Venres 5 de novembro, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h
-Venres 12 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h
-Outro día pendente de acordar: 5 horas
Duración
-30 horas (21 horas presenciais e 9 de traballo non presencial)
Lugar: Santiago de Compostela
-O venres 5, na Facultade de Filoloxía. Avda. de Castelao s/n
-O martes 2 e o venres 12, no Centro de Formación Tesdai. Rúa de Rosalía de Castro 42 A, baixo
Persoas destinatarias
-Traballadores/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
-Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
Procedemento, calendario de inscrición e límite de prazas
-Inscrición: a través do formulario habilitado para o efecto neste mesmo web dentro dos prazos de inscrición
-Límite de prazas: 20
Dado que o número de prazas está limitado a 20, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL e, a continuación, os/as técnicos/as de entidades que formen parte da Rede de Dinamización Lingüística. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.
Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.
As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Caixa Galicia número 2091-0377-74-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso presentacións”.
Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.
Calendario de inscrición para esta 2.ª edición
-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 11/10/2010 ás 10.00 h até o 15/10/2010 ás 24.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 18/10/2010 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 25/10/2010
-Datas do curso: 2, 5, 6 e 12 de novembro de 2010
Cota de inscrición
-Socias/os da CTNL: 30 euros
-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os (non socias/os): 40 euros
-Non socias/os da CTNL: 100 euros
Certificado de asistencia
-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso
ORGANIZA
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN
-Universidade de Santiago de Compostela
-Rede de Dinamización Lingüística
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Convocatoria completa en .pdf >
NOTA: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES NO FORMULARIO. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN
Curso de presentacións eficientes para a normalización lingüística (2.ª edición, novembro de 2010)
Santiago de Compostela. 2, 5, 12 de novembro e outro día por determinar