O curso A planificación lingüística nos centros de ensino está dirixido ao colectivo que a lexislación vixente define como principal responsábel da planificación lingüística nos colexios e institutos galegos: os membros do equipo directivo.
No curso analizarase o marco legal e normativo do ensino non universitario, tipoloxías de planificación lingüística escolar, análise da realidade sociolingüística, actitudes e prexuízos sobre o uso do galego, a inspección educativa e a normalización lingüística, programas de ensino plurilingüe, a dinamización e a planificación lingüística nos centros educativos, os modelos educativos vasco e catalán, o proxecto lingüístico de centro, etc.
DÍAS: 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de xullo
LUGAR: Santiago de Compostela (IES Fontiñas. Rúa de Estocolmo 5)
LÍMITE DE PRAZAS: 50
PRAZO DE INSCRICIÓN: 22 de xuño de 2008
Díptico do curso (.pdf)
Curso de planificación lingüística nos centros de ensino
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación organizan un Curso de planificación lingüística destinado aos equipos directivos dos centros de ensino. Terá lugar entre o 1 e o 10 de xullo en Santiago de Compostela.