SANTIAGO DE COMPOSTELA: 12, 13 e 14 de novembro
VIGO: 19, 20 e 21 de novembro
A CORUÑA: 26, 27 e 28 de novembro
PRAZAS
Cada unha das edicións do curso ten un límite de 20 prazas e constará dunhas doce horas. Está dividido en tres bloques de contidos:
CONTIDOS E DOCENTES
1.º bloque (4 horas). Que é un SNL? Definición, organización, estrutura. A planificación lingüística desde un SNL.
Docente: Valentín García Gómez, técnico de normalización lingüística do Concello da Estrada.
2.º bloque (4 horas). Aproximación ao asesoramento e formación lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos. Docente: Manuel Bermúdez, técnico de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Asesoramento Lingüístico.
3.º bloque (4 horas). A dinamización lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos. Docente: Isabel Vaquero Quintela, técnica de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Dinamización Lingüística.
INSCRICIÓN
A inscrición realizarase mediante esta páxina web na sección de CONVOCATORIA DE CURSOS e deberase elixir unha das edicións (Santiago, Vigo ou A Coruña).
Os prazos de inscrición son os seguintes:
- Santiago de Compostela: 5 de novembro
- Vigo: 12 de novembro
- A Coruña: 19 de novembro
Cada edición conta cunha información e un formulario diferentes na nosa páxina de formación.
INFORMACIÓN COMPLETA EN .PDF