Os servizos de normalización lingüística (SNL) son os departamentos técnicos existentes en ámbitos como a empresa, os medios de comunicación e, sobre todo, as administracións públicas, que teñen como obxectivo o incremento do uso e prestixio da lingua galega.
En xeral, as funcións principais destes departamentos son planificar, xestionar, executar e avaliar as accións relacionadas co uso da lingua galega, tanto no que se refire ao corpus como ao estatus, ademais de asesorar á entidade á que pertence en todo o relacionado co uso do galego e coa política lingüística, facer un seguimento do cumprimento da lexislación e da garantía dos dereitos lingüísticos, velar pola mellora da calidade lingüística e comunicativa, planificar a formación lingüística, etc.
Para traballar nestes departamentos son necesarias unha serie de competencias e coñecementos, que se traballarán, a modo introdutorio, neste curso.
OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO
- Dar a coñecer, dun xeito práctico, os obxectivos, a estrutura, as competencias, os recursos e as funcións dun servizo de normalización lingüística
- Analizar as metodoloxías de traballo e as propostas de acción dos servizos de normalización lingüística
- Formar novos e novas técnicas de normalización lingüística
- Presentarlle ao alumnado universitario unha saída profesional no ámbito da lingua
DATAS E HORARIOS
Universidade de Vigo:
Mércores 19, xoves 20 e venres 21 de novembro de 2008, de 16.00 h a 20.00 h
DURACIÓN
Cada curso terá unha duración de 12 horas lectivas, repartidas en tres sesións de catro horas cada unha.
LUGAR
Edición de Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución. As Lagoas, Marcosende, s/n
PERSOAS DESTINATARIAS
- Persoas que comezaron a traballar recentemente nun SNL
- Estudantado e outras persoas interesadas en traballar en normalización lingüística
- Membros de empresas ou doutras entidades relacionadas coa normalización e que queiran coñecer o traballo dun SNL
LÍMITE DE PRAZAS
Cada unha das edicións do curso ten un límite de 20 prazas
CONTIDOS E DOCENCIA
1.º bloque (4 horas). Que é un SNL? Definición, organización, estrutura. A planificación lingüística desde un SNL.
Docente: Valentín García Gómez, técnico de normalización lingüística do Concello da Estrada.
2.º bloque (4 horas). Aproximación ao asesoramento e formación lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos.
Docente: Manuel Bermúdez, técnico de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Asesoramento Lingüístico.
3.º bloque (4 horas). A dinamización lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos.
Docente: Isabel Vaquero Quintela, técnica de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Dinamización Lingüística.
INSCRICIÓN
A inscrición realizarase mediante un formulario que está dispoñíbel na parte inferior desta páxina.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
Vigo: 10 de novembro
Dado que o número de prazas está limitado a 20, terán preferencia os/as socios/as da CTNL coas cotas ao día no momento da convocatoria do curso. Despois disto, respectarase a orde de inscrición, dándolles preferencia aos/ás socios/as da CTNL.
Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas, que se publicará en www.ctnl.org nas seguintes datas:
Vigo: 12 de novembro
As persoas incluídas nesa listaxe deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL número 2091-0377-74-3040004060, e indicarase o nome completo e mais o concepto “Curso SNL.” O importe da matrícula debe ser pagado antes de:
Vigo: 17 de novembro
COTA DE INSCRICIÓN
Socias/os da CTNL: 15 euros
Estudantes, bolseiros/as e parados/as: 25 euros
Non socios/as da CTNL: 50 euros
CERTIFICADO
Para obter o certificado do curso deberase participar, cando menos, en 10 das 12 horas de duración.
Organiza
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
Coorganiza
Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo
Colabora
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
+info
629 571 950
info@ctnl.org
www.ctnl.org