Curso de formación de especialistas en recollida de toponimia

Vigo, Pontevedra e Gondomar acollen durante o mes de marzo un Curso de formación de especialistas en recollida de toponimia. A inscrición está aberta até o 22 de febreiro

O Instituto de Estudos Miñoranos e os concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense organizan este curso co obxectivo de formar especialistas na recollida de toponimia.

Información completa en tríptico en .pdf >

O curso durará oito días, dos cales catro terán lugar en Vigo, dous en Pontevedra e dous en Gondomar.

DÍAS: 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de marzo de 2012.

INSCRICIÓN: até o 22 de febreiro, enviando o currículo a oficina@minhor.org. O límite de prazas é de 40 persoas e o prezo de 30 € para traballadores/as e 15 € para desempregados/as ou estudantes.

PROGRAMA: no curso intervirán persoas expertas como Gonzalo Navaza, Ana Isabel Boullón, Vicente Feixóo, Roberto Rodríguez, Emili Casanova, Xosé Henrique Costas, Xosé Lois Vilar, Lorena Carrasco, Anxo Rodríguez, Dolores Ferro, Xosé Manuel Souto, Alberto Rodríguez, Xesús Saavedra, Xesús Costas, Marcial Rodríguez, Luís Bará, Marta Souto, Luz Méndez, Xavier Gomila, Pilar Barreiro e Xulia Marqués.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio