Ábrese un prazo de preinscrición o luns 19 de novembro desde o web www.terminoloxia.org.
Admitiranse as solicitudes por orde de chegada, e terán preferencia os/as socios/as da SGaT.
· Datas: 22, 23, 29 e 30 de novembro de 2007
· Lugar: Aula 9 do edificio Newton Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
· Horario: Mañás: de 11.00 h a 13.00 h. Tardes de 16.00 h a 20.00 h
· Prazas e inscrición: 50 prazas asignadas por orde de inscrición. Ábrese un prazo de preinscrición do 19 até o 21 de novembro por vía electrónica dende a páxina da SGaT
Matrícula:
– Profesorado e alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución: sen custo
– Socios/as da SGaT: 25 €
– Non asociados/as en paro e estudantes: 30 €
– Non asociados/as en activo: 50 €
Curso de ferramentas informáticas aplicadas ao traballo terminolóxico da SGaT (2.ª ed.)
A Sociedade Galega de Terminoloxía e o Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo coorganizan a 2ª edición do Curso de ferramentas informáticas aplicadas ao traballo terminolóxico.