Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística

DATAS: 24 de outubro e 7, 14 e 21 de novembro de 2012 LUGAR: Santiago de Compostela INSCRICIÓN: do 8 ao 15 de outubro
Listaxe de persoas admitidas (.pdf) >

OBXECTIVOS

-Afondar na filosofía das accións normalizadoras analizando as campañas como procesos de activación social.

-Dotar as persoas participantes dunha metodoloxía para o deseño, xestión, implementación e avaliación de accións de dinamización lingüística dende unha perspectiva fundamentalmente práctica.

CONTIDOS

-A dinamización lingüística.

-Do plan de normalización ao plan de dinamización.

-O discurso da dinamización lingüística.

-Plans e actuacións de dinamización lingüística.

-Fases. Planificación e execución. A avaliación integral.

-A participación e implicación.

-Mercadotecnia e plan de comunicación.

-Experiencias prácticas.

LUGAR

-Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

PERSOAS DESTINATARIAS

-Traballadores/as de servizos de normalización lingüística (SNL).

-Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua.

-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino.

-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua.

DATAS E HORARIOS

-Mércores 24 de outubro, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h

-Mércores 7 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h

-Mércores 14 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h

-Mércores 21 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h

DURACIÓN

-25 horas (20 presenciais e 5 non presenciais)

PROFESORADO

-Contidos xerais, plans, planificación, execución, etc.: Isabel Vaquero Quintela, responsábel da Área de Dinamización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

-Participación e implicación: Xaime Subiela, investigador social e consultor público experto en participación cidadá.

-Mercadotecnia e comunicación: Miguel Rodrigues Penas, vicepresidente da Agal, director de Através Editora e especializado en comunicación.

PROCEDEMENTO, CALENDARIO DE INSCRICIÓN E LÍMITE DE PRAZAS

-Inscrición: a través do formulario habilitado para o efecto ao final desta información entre o 8/10/2012 ás 10.00 h até o 15/10/2010 ás 20.00 h

-Límite de prazas: 25

Dado que o número de prazas está limitado a 25, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL e, a continuación, os/as técnicos/as de entidades que formen parte da Rede de Dinamización Lingüística. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.

Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en NovaGaliciaBanco número 2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso dinamización”.

Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

CALENDARIO DE INSCRICIÓN

-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 8/10/2012 ás 10.00 h até o 15/10/2010 ás 20.00 h

-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 16/10/2012 ao longo da mañá

-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 20/10/2012

-Datas do curso: 24 de outubro e 7, 14 e 21 de novembro

COTA DE INSCRICIÓN

-Socias/os da CTNL: 30 euros

-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os: 40 euros

-Non socias/os da CTNL: 100 euros

CERTIFICADO DE ASISTENCIA

-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso

ORGANIZA

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN

-Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía

-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio