Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística 2014

[2.ª edición] 3-10-17-24-31 de outubro de 2014 Santiago de Compostela

Listaxe admisión (.pdf)

PRESENTACIÓN

Contribuír ao proceso de normalización do galego non é só unha cuestión de vontade nin de “organizar cousas”. Para facelo con eficacia, debemos aprender como: buscar a participación e a complicidade, axeitar os discursos, adecuarnos ás diversas actitudes lingüísticas, coñecer metodoloxías e técnicas, contar con estratexias, etc.

Con este curso preténdese que as persoas participantes adquiran unha perspectiva global da dinamización lingüística e aprendan unha metodoloxía de traballo de xeito práctico.

[Podes descargar aquí a convocatoria completa en .pdf]

OBXECTIVOS XERAIS

-Afondar na filosofía da dinamización como proceso de activación social para a normalización lingüística.

-Dotar as persoas participantes dunha metodoloxía para o deseño, xestión, implementación e avaliación de accións de dinamización lingüística dende unha perspectiva fundamentalmente práctica.

DATAS E HORARIOS

Venres 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro de 2014, de 16.30 h a 20.30 h.

LUGAR

Seminario D01 da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

CONTIDOS

-A dinamización lingüística.

-Do plan de normalización ao plan de dinamización.

-O discurso da dinamización lingüística.

-Plans e actuacións de dinamización lingüística.

-Fases. Planificación e execución. A avaliación integral.

-A participación e implicación.

-Mercadotecnia e plan de comunicación.

-Experiencias prácticas.

PERSOAS DESTINATARIAS

-Traballadores/as de normalización lingüística de administracións, empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua.

-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino.

-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua desde asociacións, colectivos, etc.

Para o bo funcionamento e aproveitamento do curso poderán participar un máximo de 20 persoas.

DURACIÓN

25 horas (20 presenciais e 5 de traballo non presencial)

PROFESORADO

-Contidos xerais, dinamización, planificación, execución, avaliación, etc.:

Isabel Vaquero. Técnica de normalización lingüística, responsábel da Área de Dinamización do SNL da Universidade de Santiago de Compostela.

-Mercadotecnia e comunicación:

Miguel R. Penas. Xornalista, especialista en comunicación e presidente da Agal.

-Participación e implicación:

Xaime Subiela. Investigador social e consultor público experto en participación social.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

>Inscrición: a través do formulario habilitado para o efecto ao final desta páxina durante o período de inscrición.

>Prazo: Do 11 ao 22 de setembro.

>Límite de prazas: 20

Dado que o número de prazas está limitado a 20, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL por orde de inscrición. Despois deles/as, respectarase a orde de inscrición entre o resto das persoas inscritas.

Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula ata o 29/9/14 na conta da CTNL en ABanca con IBAN ES18 2080 0377 0430 4000 4060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso dinamización”.

Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

CALENDARIO

-Prazo de solicitude de participación no curso: Desde o 11/9/14 pola mañá até o 22/9/14 ás 14.30 h

-Publicación da listaxe de persoas admitidas: O 23/9/14 ao longo da mañá

-Prazo para o pagamento da matrícula: Ata o 29/9/14

-Datas do curso: 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro de 2014, de 16.30 h a 20.30 h

COTA DE INSCRICIÓN

-Socias/os da CTNL: 25 euros.

-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os non socias/os: 40 euros.

-Resto de non socias/os da CTNL: 100 euros.

[Inclúe: todas as sesións, material do curso, caderno Como cho digo ;-), bolígrafo, mochiliña Gústame o galego e certificado de asistencia]

Se aínda non es socia/o, podes asociarte aquí >

CERTIFICADO DE ASISTENCIA

-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso.

ORGANIZA

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

COLABORAN

-Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía.

-Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio