O curso terá unha duración de 20 horas e será impartido por profesionais de Dereito.
Obxectivos do curso: abordar as nocións básicas do Dereito conforme co programa estabelecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 267/2002, do 13 de xuño, polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa.
Datas: venres 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 e 8 de febreiro.
Horario: de 16.00 h a 20.00 h.
Lugar: Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Preinscrición: até o 22 de decembro, enviando os datos persoais ao enderezo electrónico info@agpti.org. Terán preferencia os/as socios/as de AGPTI.
Cotas: 50 € (socias/os de AGPTI) e 100 € (non socios/as de AGPTI).
Máis información en info@agpti.org.
Curso de Dereito para as probas de habilitación para a tradución e interpretación xurada
A AGPTI organiza un curso de nocións xerais de Dereito preparatorio do exame de Dereito das probas de habilitación profesional para a tradución e interpretación xurada do galego para outras linguas e viceversa.