Curso de comunicación en blogs e redes sociais para a normalización lingüística

ACTUALIZACIÓN DA CONVOCATORIA DATAS: 23, 24 e 30 de novembro LUGAR: Santiago de Compostela NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN: até o 15 de novembro
[Debido a cuestións alleas á nosa vontade, modificáronse as datas deste curso, inicialmente previsto para os días 9, 10 e 16 de novembro. Finalmente terá lugar os días 23, 24 e 30 de novembro. As persoas xa admitidas seguirano estando, mais ábrese un novo prazo para que outras persoas se poidan tamén anotar]

Listaxe de persoas admitidas (.pdf) >

OBXECTIVOS XERAIS

-Analizar as posibilidades e vantaxes que poden ofrecer os blogs e as redes sociais para o traballo en normalización lingüística.

-Mellorar a comunicación a través das redes sociais e dos blogs para as accións de normalización.

-Potenciar o uso das redes sociais e os blogs para a difusión de accións normalizadoras.

CONTIDOS

-Introdución. Blogs e redes sociais: unha porta aberta á comunicación e á normalización. Para que serven? Como funcionan? Como nos poden axudar? Que diferenzas hai?

-Blogs para SNL, ENDL e campañas: importancia, creación, xestión, tipoloxía textual para unha boa comunicación…

-Chiando no Twitter: xestión, perspectiva desde a normalización, interactuación, que dicir, por que, como e cando en 140 caracteres, optimización de mensaxes…

-Facebookeando: xestión, perfís e páxinas, como comunicar, cronoloxía, publicacións, artigos, imaxes, ligazóns, apps, mensaxes, como fidelizar, interacción…

LUGAR

-Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela

DATAS E HORARIOS

-Venres 23 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h

-Sábado 24 de novembro, de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h

-Venres 30 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h

DURACIÓN

-20 horas (16 presenciais e 4 de traballo non presencial)

PROFESORADO

-Miguel R. Penas: experto en comunicación. Presidente da Agal. Traballou en comunicación política e no deseño e comunicación de diversos proxectos de normalización.

T: miguelpenas F: miguelrpenas

-Olga Patiño Abeixón: mestra e dinamizadora sociolingüística. Traballou na Mesa, participou na creación de Tagen Ata, traballou no SNL do Concello de Santiago de Compostela e, na actualidade, traballa como mestra do ensino público.

T: @nasas09 F: nasadasrias

PERSOAS DESTINATARIAS

-Traballadores/as de servizos de normalización lingüística (SNL).

-Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua.

-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino.

-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

-Coñecemento básico do funcionamento de blogs (crear unha entrada, categorías, etiquetas, crear unha páxina, engadir ligazóns e imaxes ás publicacións, etc.) e/ou de sistemas de xestión de blogs (wordpress ou blogspot).

-Coñecemento a nivel usuario/a de redes sociais (Twitter, Facebook, etc.) e do seu funcionamento e léxico.

PROCEDEMENTO, CALENDARIO E LÍMITE DE PRAZAS

NOVO PRAZO PARA PERSOAS NON INSCRITAS: a través do formulario habilitado para o efecto ao final desta información até o 15 de novembro

-Límite de prazas: 20

Dado que o número de prazas está limitado a 20, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL e, a continuación, os/as técnicos/as de entidades que formen parte da Rede de Dinamización Lingüística. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.

Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en NovaGaliciaBanco número 2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso redes”.

Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

NOVO calendario de inscrición

-Prazo de solicitude de participación no curso: até o 15/11/2012

-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 16/11/2012 ao longo da mañá

-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 21/11/2012

-Datas do curso: 23, 24 e 30 de novembro

COTA DE INSCRICIÓN

-Socias/os da CTNL: 30 euros

-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os: 40 euros

-Non socias/os da CTNL: 100 euros

CERTIFICADO DE ASISTENCIA

-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso

ORGANIZA

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN

-Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía

-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio