INFORMACIÓN COMPLETA SOBRE O CURSO E FORMULARIO DE INSCRICIÓN
OBXECTIVOS
Potenciar a utilización dos blogs, da rede e das ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística.
CONTIDOS
Os blogs como ferramenta para a normalización lingüística. Manexo dos principais sistemas de xestión de blogs. Integración de contidos. Redes sociais. Sindicación.
DATAS E HORARIOS
-Xoves 18 de febreiro, de 17.00 h a 21.00 h
-Venres 19 de febreiro, de 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h
-Venres 26 de febreiro, de 17.00 h a 21.00 h
Lugar
Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
PRAZOS E PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
A inscrición debe facerse a través do formulario habilitado no web da CTNL até o 4 de febreiro ás 14.00 h (e debe terse acceso á conta de correo electrónico para poder facer a validación automática)
Calendario:
-Prazo de solicitude de participación no curso: até o 4 de febreiro ás 14.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 5 de febreiro
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: até o 12 de febreiro
-Datas do curso: 18, 19 e 26 de febreiro de 2010
Cota de inscrición
-Socias/os da CTNL: 30 euros
-Estudantes, bolseiros/as e parados/as (non socias/os): 40 euros
-Non socios/as da CTNL: 100 euros
INFORMACIÓN COMPLETA SOBRE O CURSO E FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Curso de blogs e iniciación a ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística
A CTNL convoca un novo curso de formación, que terá lugar os días 18, 19 e 26 de febreiro de 2010 en Santiago de Compostela. Trátase da segunda edición do Curso de blogs e iniciación a ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística