Curso de aproveitamento de ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística

Relación de persoas admitidas e en listaxe de espera para o curso LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE DE AGARDA DATAS E HORARIOS -Sábado 18 de outubro, de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h -Venres 24 de outubro, de 17.30 h a 21.30 h -Sábado 25 de outubro, de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h LUGAR Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela PRAZO PARA PAGAR A INSCRICIÓN Até o 16 de outubro no número de conta 2091-0377-74-3040004060 indicando o nome completo e o concepto “Curso multimedia.” COTA DE INSCRICIÓN
  • Socias/os da CTNL: 30 euros
  • Estudantes, bolseiros/as e parados/as: 40 euros
  • Non socios/as da CTNL: 100 euro

PRESENTACIÓN

Desde os servizos de normalización lingüística das administracións, desde as asociacións e colectivos que traballan a prol da lingua, desde as empresas relacionadas co incremento do uso e prestixio do noso idioma e desde os equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino debe saberse aproveitar todo o potencial que ofrecen determinadas ferramentas multimedia, e sobre todo combinadas coa rede, para as accións de normalización lingüística.

Deste xeito, cómpre analizar as posibilidades e vantaxes que poden ofrecer determinadas ferramentas multimedia; coñecer as vantaxes da rede para a publicación de materiais, para o traballo colaborativo, para a optimización de recursos, para a difusión de accións, etc.; e potenciar o uso das novas tecnoloxías, da web 2.0, a difusión de accións de normalización lingüística a través da rede e o traballo colaborativo en internet. En definitiva, cómpre que as persoas que traballan a prol da lingua manexen algunhas ferramentas multimedia que poden ser aproveitadas para o traballo en normalización lingüística.

Por iso, este Curso de aproveitamento de ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística, que pretende conxugar técnica no manexo destas ferramentas con posibilidades de utilización para as accións de incremento do uso e prestixio da lingua galega.

OBXECTIVOS XERAIS

  • Analizar as posibilidades e vantaxes que poden ofrecer determinadas ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística
  • Coñecer as vantaxes da rede para a publicación de materiais, para o traballo colaborativo, para a optimización de recursos, para a difusión de accións, etc.
  • Potenciar o uso das novas tecnoloxías, da web 2.0, a difusión de accións a través da rede e o traballo colaborativo en internet
  • Que as persoas participantes aprendan a manexar algunhas ferramentas multimedia básicas que poden ser aproveitadas para o traballo en normalización lingüística: blogs; podcast; publicación de textos, fotos, animacións, vídeos e son na rede; manexo de redes sociais, etc.

DATAS E HORARIOS

  • Sábado 18 de outubro, de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h
  • Venres 24 de outubro, de 17.30 h a 21.30 h
  • Sábado 25 de outubro, de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h

DURACIÓN

  • 20 horas presenciais e 4 non presenciais

    (4 horas non presenciais para a realización de tarefas fóra do horario de curso)

LUGAR

  • Facultade de Filoloxía da USC. Avda. de Castelao s/n. Campus Norte. Santiago de Compostela

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Traballadoras de servizos de normalización lingüística
  • Traballadoras de empresas, asociacións e outras entidades que traballan pola normalización da lingua
  • Responsábeis de ENDL de centros de ensino
  • Persoas interesadas en traballar en normalización da lingua

LÍMITE DE PRAZAS

  • Máximo de 25 persoas

REQUISITOS

  • Manexo de ferramentas informáticas básicas
  • Manexo da rede

CONTIDOS

  • Blogs

    -Panorámica xeral: Blogoteca; Blogaliza, etc.

    -Manexo de WordPress

  • Redes sociais

    -Para o traballo colaborativo en normalización lingüística

    -Para a difusión de información de lingua

  • Edición, publicación e integración en webs, blogs e redes sociais de imaxe, son e vídeo na rede:

    -Imaxe: fotos (tratamento e edición; aloxamento e presentación; animación; fotolog e xeolocalización; foto e texto; inserción) e presentacións (computador, computador + rede, rede, diagramas, frisos cronolóxicos, cadros interactivos, mapas, inserción)

    -Son: gravación e edición de audio; aloxamento e/ou creación; música e sons libres; conversión texto-voz; programas de subscrición; podcast

    -Vídeo: edición en liña; publicación; subtitulado; creación

    -+Multimedia: aloxamento e creación

  • Outras ferramentas: Wiki, Google Grupos,sindicación de contidos e marcadores sociais

DOCENTE

INSCRICIÓN

Até o 9 de outubro, mediante o formulario que está ao final desta páxina.

Dado que o número de prazas está limitado a 25, terán preferencia os/as socios/as da CTNL coas cotas ao día no momento da convocatoria do curso. Despois disto, respectarase a orde de inscrición, dándolles preferencia aos/ás socios/as da CTNL.

Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas, que se publicará o día 10 de outubro no mesmo sitio web.

As persoas incluídas nesa listaxe deben ingresar o importe da matrícula até o día 16 de outubro na conta da CTNL número: 2091-0377-74-3040004060, indicando o nome completo e o concepto “Curso multimedia.”

  • Prazo de solicitude de participación no curso: até o 9 de outubro
  • Publicación da listaxe de persoas admitidas: 10 de outubro
  • Prazo para facer o pagamento de matrícula: 16 de outubro

COTA DE INSCRICIÓN

  • Socias/os da CTNL: 30 euros
  • Estudantes, bolseiros/as e parados/as: 40 euros
  • Non socios/as da CTNL: 100 euros

MÁIS INFORMACIÓN

No enderezo electrónico info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950

ORGANIZA

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COORGANIZA

Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela

COLABORA

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio