Cuestións lingüísticas na reforma da Lei de función pública

Nesta reforma da Lei da función pública hai algún avance de interese con respecto á lingua que cómpre ter en conta.

O máis interesante é o punto dezasete da Lei 13/2007, polo que se modifica o artigo 33 da Lei 4/1988, que queda redactada como segue:

“Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego na Administración pública de Galicia e para garantir o dereito dos/as administrados/as ao uso da lingua propia de Galicia nas relacións coa administración pública no ámbito da comunidade autónoma, e en cumprimento da obriga de promover o uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia que determina o artigo 6.3 da Lei de normalización lingüística, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e nas entidades locais de Galicia, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega.

Para estes efectos, as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en lingua galega, e iso sen prexuízo doutras probas adicionais, que se puidesen prever, para aqueles postos de traballo que requiran un especial coñecemento da lingua galega.”

Tamén é de interese o punto vinte e nove, no que se estabelece que o artigo 63 bis queda redactado como segue:

1. A Administración pública galega establecerá sistemas que permitan a avaliación do desempeño dos seus empregados.

A avaliación do desempeño é o procedemento a través do que se mide e valora a conduta profesional e mais o rendemento ou o logro de resultados.

2. Os sistemas de avaliación do desempeño adecuaranse, en todo caso, a criterios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e non discriminación, e aplicaranse sen menoscabo dos dereitos dos empregados públicos.

3. A Administración pública galega determinará os efectos da avaliación na carreira profesional, na formación, na provisión de postos de traballo e na percepción das retribucións complementarias correspondentes.

4. A Xunta de Galicia articulará un sistema que, entre outros factores, terá en conta necesariamente:

[…]

e) O grao de cumprimento do Plan de normalización lingüística.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio