Cuarta xornada Malas Linguas: lingua e xéneros

O 12 de abril terá lugar na Coruña a cuarta xornada do ciclo Malas Linguas: activando falantes do século XXI, co título Lingua e xéneros. A inscrición está aberta e é gratuíta.

O ciclo de xornadas Malas Linguas: activando falantes do século XXI está organizada pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña. A primeira cita tivo lugar o pasado 23 de outubro, a segunda o 29 de novembro de 2018 e a terceira foi o 1 de marzo pasado. Está prevista unha quinta xornada, de peche, o 15 de maio en Ponteceso.

Esta cuarta xornada terá lugar no Pazo provincial da Deputación, no sexto andar, sala Juanjo Gallo, en horario de mañá.

PROGRAMA (tamén anexo en .pdf ao final desta nova)

09:30: apertura da xornada. Goretti Sanmartín Rei (vicepresidenta da Deputación da Coruña)



10:00: Argumentos para o galego: Patricia Portopaderne (Libraría Lila de Lilith)



10:15: Mesa de debate: O galego, unha lingua inclusiva?



– Olga Castro (profesora de tradución da Aston University)

– Noemí Basanta (filóloga)

– Iria Vázquez (socióloga)

11:30: Pausa – café.

12:00: Mesa de debate: Políticas lingüísticas e de xénero: unha complementariedade necesaria



– Antía P. Caramés (profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña)

– Ximena González (activista feminista)

13:00: Argumentos para o galego: Zinthia Álvares Palomino e Mar Lugo (afrogalegas)



13:30: Peche da xornada

A inscrición para todas as xornadas é gratuíta e faise a través deste formulario.

Máis información aquí.

Listaxe de vídeos das dúas primeiras xornadas aquí.

Quinta xornada no Festiletras, en Ponteceso

O ciclo Malas Linguas terá a súa xornada de peche o 15 de maio en Ponteceso, durante a celebración do Festiletras. Esta quinta cita titularase Lingua de ouro e incluirá actividades como unha mesa de debate sobre voces poéticas para a normalización lingüística ou un espazo participativo.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio