A mostra inaugúrase o 6 de outubro, ás 19:00 h, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, 12. A Coruña.
A exposición estará aberta de martes a sábado de 10.30 a 14.00 h e de 17.30 a 20.00 h, os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h e haberá visitas guiadas todos os sábados ás 12.00 h.
De xeito paralelo desenvolverase o ciclo de conferencias Represión e defensa dos dereitos lingüísticos na Galiza cos seguintes relatorios:
Martes 13 ás 19.30 h. Historia da Represión Lingüística en Galiza. María Pilar Freitas Juvino
Xoves 22 ás 19.30 h. Represión Lingüística no ensino en Galiza. María Pilar García Negro e Xoán Costa
Xoves 29 ás 19.30 h. A defensa dos dereitos lingüísticos nos últimos anos do franquismo. Bautista Álvarez e Lois Diéguez
Crónicas da represión lingüística, exposición e ciclo de conferencias na Coruña
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña colabora na organización da exposición “Crónicas da represión lingüística”, mostra gráfica e audiovisual sobre a represión lingüística desatada en Galicia a partir do levantamento militar de 1936, que chega agora á Coruña despois de ter visitado diferentes puntos do país.