AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (procedemento SIA 215828)
Obxecto
Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 das seguintes características:
- a. Fomento do uso e prestixio da lingua galega a través de programas de normalización e dinamización lingüística:
- Certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega nos rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.
- Actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos: modernidade, lecer, novas tecnoloxías, videoxogos.
- Proxectos de creación artística nos ámbitos audiovisual, dos podcasts, dos videoxogos, literario, musical e da banda deseñada, especialmente dirixida á infancia e á mocidade.
- Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega.
- b. Sociolingüística e toponimia:
- Estudos e publicacións sobre sociolingüística.
- Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia.
- c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria.
- d. Campañas para a dinamización, o uso e o prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico.
- e. Recoñecementos e distincións:
- Accións que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega a través do seu uso e defensa.
- Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade.
- f. Fomento do emprego do idioma galego
- Actividades de captación de neofalantes.
- Actividades de dinamización e normalización da lingua galega que fomenten o emprego activo da lingua, a socialización en galego e que o asocien con valores positivos (modernidade, prestixio, lecer, diversión), especialmente dirixidas á infancia e á mocidade.
Destinatarias
Entidades sen fins de lucro que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
Orzamento
150.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra no procedemento SIA 215828.
Prazos
- Para solicitar as axudas: até o 27 de maio de 2024, por ser inhábil o 25 de maio.
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2024
Valoración das candidaturas
Na base décimo terceira recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están as seguintes:
- o ámbito xeográfico,
- o orzamento,
- a porcentaxe de financiamento que se solicita,
- que sexa un programa dirixido a un ámbito estratéxico (socioeconómico, educación, familia, mocidade, lecer e novas tecnoloxías),
- que sexa un programa que se desenvolva en rede ou en colaboración con outras entidades,
- a consolidación e sensibilización lingüística das actividades ou programas.
- Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 25 de abril de 2024)
- Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 25 de abril de 2024)
AXUDAS PARA CONCELLOS (procedemento SIA 2329331)
Obxecto
Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 das seguintes características:
- a. Fomento do uso e prestixio da lingua galega a través de programas de normalización e dinamización lingüística:
- Certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega nos rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.
- Actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos: modernidade, lecer, novas tecnoloxías, videoxogos.
- Proxectos de creación artística nos ámbitos audiovisual, dos podcasts, dos videoxogos, literario, musical e da banda deseñada, especialmente dirixida á infancia e á mocidade.
- Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega.
- b. Sociolingüística e toponimia:
- Estudos e publicacións sobre sociolingüística.
- Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia.
- c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria.
- d. Campañas para a dinamización, o uso e o prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico.
- e. Recoñecementos e distincións:
- Accións que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega a través do seu uso e defensa.
- Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade.
- f. Fomento do emprego do idioma galego:
- Actividades de captación de neofalantes.
- Actividades de dinamización e normalización da lingua galega que fomenten o emprego activo da lingua, a socialización en galego e que o asocien con valores positivos (modernidade, prestixio, lecer, diversión), especialmente dirixidas á infancia e á mocidade.
Destinatarios
Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
Orzamento
150.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra, no procedemento SIA 2329331.
Prazos
- Para solicitar as axudas: até o 27 de maio de 2024, por ser inhábil o 26 de maio.
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2024
Valoración das candidaturas
Na base décimo terceira recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están as seguintes:
- o ámbito xeográfico,
- o orzamento,
- a porcentaxe de financiamento que se solicita,
- que sexa un programa dirixido a un ámbito estratéxico (socioeconómico, educación, familia, mocidade, lecer e novas tecnoloxías),
- que sexa un programa que se desenvolva en rede ou en colaboración con outras entidades,
- o grao de consolidación e sensibilización lingüística do concello, onde que se valora dispoñer dun SNL, a súa antigüidade ou crealo durante o ano en curso, entre outros aspectos.
Os concellos da provincia de Pontevedra poden dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose doutra convocatoria de axudas da propia Deputación. O prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL finaliza o 6 de maio.
- Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 26 de abril de 2024)
- Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 26 de abril de 2024)
ADDENDA
Información sobre a concesión destas axudas no web da Deputación de Pontevedra
COLABORACIÓN DA CTNL NA MODIFICACIÓN DESTAS CONVOCATORIAS
Coa entrada do novo goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, a CTNL solicitou unha xuntanza co seu presidente en novembro de 2023, dado que a política lingüística depende directamente da Presidencia da institución. A xuntanza da CTNL tivo lugar en decembro, cunha representación técnica e política da Deputación de Pontevedra, e nela abordouse, entre outros temas, a posibilidade de perfilar con máis detalle as actividades destas liñas de axudas, co fin de que teñan obxectivos normalizadores claros.
A CTNL fixo unha proposta de modificación das bases, que incluía cambios tanto na descrición das actividades subvencionables coma nos criterios de valoración e moitas destas modificacións foron incluídas nas convocatorias de 2024, entre elas as seguintes:
- mencionar e priorizar os ámbitos estratéxicos da normalización lingüística, como a infancia, a mocidade, a familia, o lecer, as novas tecnoloxías ou o sector socioeconómico;
- procurar que as actividades subvencionables traballen o uso activo da lingua, a socialización ou a reflexión para erradicar prexuízos;
- asociar as actividades de normalización lingüística a valores positivos, como a modernidade, o prestixio, o lecer ou a diversión;
- valorar o traballo en rede e a colaboración entre entidades;
- recoñecer a importancia de contar con SNL nas entidades locais para planificar, deseñar, executar e avaliar as actividades de normalización lingüística.