Convocatoria urxente dunha praza temporal de TNL no Concello da Laracha

URXENTE: o Concello da Laracha anunciou o pasado venres, 25 de agosto, a convocatoria urxente dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. Prazo para presentar solicitudes: 5 días naturais.



O Concello da Laracha anunciou a convocatoria urxente dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística.

FUNCIÓNS DA PRAZA

Serán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística, de acordo coa orde do 6 de abril de 2017 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo será temporal por obra ou servizo determinado, dende a sinatura do contrato ata o 15 de outubro de 2017. A xornada laboral será a tempo completo.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Grao en Lingua e Literatura Galegas, grao en Estudos de Galego e Español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, as licenciaturas equivalentes aos ditos graos ou outras titulacións superiores pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

SISTEMA DE SELECCIÓN

A selección efectuarase mediante concurso, onde se valorarán cursos de formación e experiencia laboral.

PRAZO

Será de 5 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no web do Concello da Laracha e no taboleiro de anuncios (publicación o 25 de agosto de 2017), é dicir, até o 30 de agosto.

TAXAS

A taxa de participación no proceso selectivo ascende a 14 euros.

Bases completas, en .pdf.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio