No concurso poderán participar as funcionarias e os funcionarios de carreira dos corpos de mestres, de profesores/as de ensino secundario e de profesores/as das escolas oficiais de idiomas, sempre que estean en posesión do Celga 5.
A selección farase mediante concurso de méritos, segundo as bases da convocatoria.
As súas funcións serán:
-Asesorar e dinamizar os equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino non universitario da súa provincia.
-Definir, coordinadamente co persoal técnico da SXPL e da Consellería de Educación, as estratexias xerais de actuación no seu ámbito.
-Redactar unha memoria anual que recolla as actuacións desenvolvidas, segundo as pautas establecidas pola SXPL e a Consellería de Educación, cunha análise do seu labor durante ese curso académico.
-Deseño e posta en marcha dos seminarios, encontros, xornadas e demais actividades que teñan como finalidade a planificación, formación e dinamización dos equipos de normalización da lingua galega.
-Deseño e elaboración dos materiais, ferramentas e recursos que utilizarán os equipos de normalización lingüística, e destinados á dinamización nos centros.
A convocatoria completa pode consultarse aquí (.pdf)>
Convocatoria para cubrir postos de coordinadoras/es provinciais dos equipos de normalización lingüística do ensino
O DOG do 17 de xuño publica o concurso público para cubrir postos de coordinadoras e coordinadores das catro provincias dos equipos de normalización lingüística do ensino. O prazo de presentación remata o 2 de xullo