Convocatoria dunha praza temporal de TNL no Concello de Outes

O Concello de Outes anunciou a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística, con vixencia do contrato até o 31 de decembro de 2018. O prazo para presentar solicitudes é de 8 días hábiles.



O 2 de marzo, o Concello de Outes anunciou a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística.

XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo será temporal con vixencia ata o 31 de decembro de 2018. A xornada laboral será a tempo completo.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Grao en Lingua e Literatura Galegas, licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou outras licenciaturas ou graos sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

SISTEMA DE SELECCIÓN

A selección efectuarase mediante concurso, onde se valorarán cursos de formación referentes ao posto de traballo, experiencia laboral en postos de traballo semellantes e unha entrevista curricular.

PRAZO

Será de 8 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios e no web do Concello de Outes (publicación o 2 de marzo de 2018), é dicir, até o 14 de marzo.

Bases da convocatoria e modelo de instancia no web do Concello de Outes.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio