Os concellos de Quiroga e Ribas de Sil convocan agrupados unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. Este servizo de normalización lingüística temporal créase ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para a promoción do galego desde as entidades locais.
FUNCIÓNS DA PRAZA:
– Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos dos municipios dos concellos integrantes da agrupación
– Asesorar a Administración, mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración, resolver dúbidas e elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.
– Impartir un curso de formación en lingua galega preparatorio para acceder aos Celga.
– Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico.
– Propoñer e planificar actividades concretas que conciencien a mocidade e a sociedade en xeral respecto do uso da lingua galega.
– Coordinarse coa Rede de Dinamización Lingüística para planificar, xestionar e avaliar accións de fomento do emprego do uso do galego.
CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO:
Contrato por obra ou servizo a xornada completa durante aproximadamente dous meses, correspondente ao grupo de 1 de cotización e cun soldo bruto de 1475,16 euros.
REQUISITOS DE TITULACIÓN:
– grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega, grao en Galego e Portugués: Estudos lingüísticos e literarios.
– licenciaturas equivalentes aos graos anteriores
– outras titulacións superiores pertencentes ás áreas de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas xunto co Celga 5
PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, coas seguintes probas:
– Fase de concurso, onde se valora formación específica e experiencia laboral
– Fase de oposición con dúas probas de tradución
– Entrevista persoal sobre o desempeño do posto de técnico/a de normalización lingüística.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
Cinco días hábiles desde a publicación da convocatoria na Sede Electrónica do Concello de Quiroga (publicación do 19 de xullo). Polo tanto, o prazo finaliza o 26 de xullo.
Bases completas e anexos, en .pdf.
Convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística para os concellos de Quiroga e Ribas de Sil
O agrupamento dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística, ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para a promoción do galego desde as entidades locais. Prazo para concorrer: até o 26 de xullo.