Convocatoria dunha praza de TNL para o Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo anuncia a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante un concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes é do 12 até o 16 de decembro de 2016.

O Concello de Rianxo publicou no seu web a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística como persoal laboral temporal.

SISTEMA DE SELECCIÓN: concurso-oposición:

– Cuestionario tipo test de 20 preguntas na fase de oposición (máx. 10 puntos)

– Baremo sobre experiencia laboral e formación na fase de concurso (máx. 6 puntos).

REQUISITOS:

– Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente.

– Outra licenciatura e Celga 5.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: do 12 ao 16 de decembro de 2016.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos sistemas do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso debe remitirse copia por fax (981866628).

Bases, en .pdf

Modelo de solicitude, en .pdf

Declaración responsable, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio