Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Oroso

O Concello de Oroso publicou no BOP de hoxe as bases que rexerán a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación da convocatoria no BOP.



O Concello de Oroso convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, así como a creación dunha bolsa de emprego para cubrir prazas das mesmas características.

FUNCIÓNS DA PRAZA

Serán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística, de acordo coa listaxe da convocatoria de axudas para SNL da Deputación da Coruña. Daquela, divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación (socio)lingüística, de asesoramento lingüístico interno e de coordinación con outras administracións.

XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DO CONTRATO

A xornada de traballo terá unha duración de 37,5 horas semanais (horario completo) e o contrato será do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2017.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

– licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)

– grao en Lingua e Literatura Galegas,

– outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

SISTEMA DE SELECCIÓN

A selección efectuarase mediante oposición libre, que se desenvolverá en dous exercicios:

a) Proba teórica, que consistirá nun cuestionario de 30 preguntas relacionadas co temario proposto.

b) Proba práctica, que consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego.

PRAZO

Será de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, até o 27 de xuño.

Convocatoria, modelo de solicitude e temario, en .pdf.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio