O Concello de Nigrán abre un proceso selectivo para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística durante 12 meses e cun horario semanal de 16,5 horas, de luns a venres.
FUNCIÓNS DA PRAZA:
– Asesorar a Administración no relacionado coa política lingüística.
– Facer seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística e velar polos dereitos lingüísticos da cidadanía.
– Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da institución.
– Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos.
– Resolver dúbidas lingüísticas.
– Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega.
– Propoñer programas de dinamización e actividades concretas de concienciación lingüística.
– Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora.
REQUISITOS DE TITULACIÓN:
– licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica (subsección galego-portugués);
– grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega.
PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, coas seguintes probas:
– Proba práctica co fin de valorar o dominio do idioma: unha tradución e a redacción dun documento administrativo.
– Proba oral sobre aspectos profesionais e técnicos.
– Puntuación do currículo: concurso de méritos.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: sete días hábiles desde a publicación do anuncio no Faro de Vigo. Este anuncio publicarase o domingo día 24 de xullo. Para os efectos de cómputo de prazos, cómpre ter en conta que o día 1 de agosto de 2016 é inhábil en Nigrán.
Bases completas e máis información no web do Concello de Nigrán, nos departamentos de Desenvolvemento Local (986365000, ext. 7; tle.nigran@nigran.org), Información e Rexistro Municipal.
As bases e o modelo de solicitude tamén están dispoñibles, en formato .zip, como anexo a esta nova.
Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Nigrán
O Concello de Nigrán convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística ao abeiro das axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra. O contrato será de 12 meses e terá un horario semanal de 16,5 horas. Prazo para presentar solicitudes: 7 días hábiles desde a publicación do anuncio no Faro de Vigo.