Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Muros

O Concello de Muros anuncia a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O contrato será en réxime de interinidade . Prazo para presentar solicitudes: até o 17 de xuño de 2016.



O Concello de Muros publicou no seu web a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística como persoal laboral temporal (contrato de interinidade).

SISTEMA DE SELECCIÓN: concurso-oposición:

– Cuestionario tipo test de 30 preguntas na fase de oposición.

– Baremo sobre experiencia laboral e formación na fase de concurso.

REQUISITOS:

– Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente.

– Celga 5.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: até o 17 de xuño de 2016.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos procedementos do art. 38 da Lei 30/1992. Neste último caso debe remitirse copia por fax (981762257).

TEMARIO:

Tema 1. Os servizos de normalización lingüística: definición, organización e funcións. A Dinamización, a formación e o asesoramento desde un SNL.

Tema 2. Principais recursos lingüísticos en rede para o traballo dun SNL.

Tema 3. A lexislación lingüística. O marco normativo xeral. A Lei de normalización lingüística. A normativa no ámbito local e na función pública.

Tema 4. O Plan xeral de normalización da lingua galega.

Tema 5. A linguaxe administrativa: erros frecuentes, pautas de mellora.

Tema 6. O Concello de Muros. Toponimia, organización territorial e xeografía.



Anuncio en .pdf


Bases en .pdf

Modelo de solicitude, en .pdf

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio