Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo anunciou a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección de aspirantes farase mediante un concurso de méritos e unha entrevista (opcional). O prazo para presentar solicitudes é de 8 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP da Coruña.



No Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe publicouse o anuncio da convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Abegondo.

REQUISITOS: alén dos xerais establecidos no artigo 56 do Estatuto básico do empregado público (Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro), licenciatura en Filoloxía Galega.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 8 días naturais a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP da Coruña.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: no Rexistro Xeral do Concello (horario de 9:00 a 14:00).

SISTEMA DE SELECCIÓN: concurso de méritos e entrevista persoal, esta última só para os/as candidatos/as que difiran en dous ou menos puntos da puntuación máis alta obtida no concurso de méritos.

DURACIÓN DO CONTRATO: do 1 de xaneiro de 2017 ao 31 de decembro de 2018, vinculado ás subvencións concedidas e con posibilidade de prórrogas.



Bases e modelo de solicitude, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio