Convocatoria dunha praza de TNL no Concello da Estrada
O Concello da Estrada anunciou a convocatoria para a contratación temporal dun/dunha técnico/a de normalización lingüística. O sistema de selección é a oposición libre e o prazo para presentar solicitudes finalizaba inicialmente o 8 de marzo. Corrección: novo prazo de 10 días naturais desde o 16 de marzo
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 26 de febreiro publicou a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística para o Concello da Estrada.
Logo de advertir un erro material na convocatoria inicial, publicouse unha modificación das bases e abríuse un novo período de inscrición.
MODALIDADE DO CONTRATO
Logo da modificación das bases, o contrato é por interinidade, de carácter temporal até a reincorporación do titular da praza.
As condicións serán as establecidas no Convenio colectivo do Concello da Estrada, cunha retribución bruta anual de 29.980,48 euros.
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Licenciatura/Grao en filoloxía galego-portuguesa, filoloxía galega ou filoloxía hispánica (sección galego-portugués) ou outras titulacións superiores pertencentes á área de humanidades ou de ciencias xurídicas sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección é a oposición libre, que abranguerá dous exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:
– O primeiro exercicio consistirá nun cuestionario tipo test de 50 preguntas baseadas no temario que figura como anexo da convocatoria. Este exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos e, para aprobalo, cómpre obter unha puntuación mínima de 5 puntos.
– O segundo exercicio consistirá nun suposto práctico sobre as tarefas que se deben desenvolver no posto de traballo. Tamén será cualificado de 0 a 10 puntos e será necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos.
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo era de 10 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, finalizaba o 8 de marzo.
IMPORTANTE: NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN
O novo prazo é de 10 días naturais desde o día seguinte á publicación da modificación das basese no BOP, é dicir, finaliza o 26 de marzo por ser o día 25 non lectivo.
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS PERSOAS QUE XA PRESENTASEN INSTANCIAS
De acordo co punto terceiro da resolución de modificación das bases, as persoas que xa presentasen instancias deberán ratificar a súa participación no citado proceso selectivo.
TAXAS
A taxa de participación no proceso selectivo ascende a 20 euros.
Máis información: bases publicadas no BOP, en .pdf
Modificación das bases publicada no BOP, en .pdf
Modelo de instancia e máis información sobre o desenvolvemento do proceso selectivo no web do Concello da Estrada (sección de contratación de persoal).
ADDENDAS
– Listaxe provisional de admitidas/os e excluídas/os, publicada no web do Concello da Estrada o 9 de maio de 2018.
– Corrección de erros na listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, publicada no web do Concello da Estrada o 21 de maio de 2018.