Logo USC

Convocatoria dunha praza de técnico/a superior de galego-portugués na USC

A USC convoca unha praza de técnico/a superior de linguas modernas, perfil galego-portugués.

A Universidade de Santiago de Compostela publicou no DOG do 19 de maio de 2025 as bases da convocatoria dunha praza de técnico/a superior de linguas modernas, perfil galego-portugués, pola quenda de acceso libre.

Características da praza

Trátase dunha praza da categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas (galego-portugués), grupo I, do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC, que se cubrirá pola quenda de acceso libre.

Requisitos de titulación

Título de grao, doutor/a, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalentes. En relación cos coñecementos de galego, esíxese o certificado de nivel Celga 5. As persoas aspirantes que non presenten a certificación correspondente deberán realizar a proba de lingua galega.

Sistema de selección

O sistema de selección será o concurso-oposición. A fase de oposición consistirá nos seguintes exercicios:

  • Primeiro exercicio: estarán exentas as persoas que acrediten o Celga 5. En caso contrario consistirá en dúas probas: comprensión escrita/oral e expresión escrita e comprensión escrita/oral e expresión oral.
  • Segundo exercicio: cuestionario de 120 preguntas e 5 de reserva sobre o bloque de coñecementos específicos.
  • Terceiro exercicio: proba práctica. Consistirá en varias probas: comprensión oral en lingua portuguesa e en lingua galega, elaboración e entrega de dúas programacións didácticas (unha paara cada lingua) e defensa oral das programacións didácticas e cadansúa unidade didáctica.
  • Cuarto exercicio: cuestionario de 30 preguntas e 3 de reserva sobre o bloque de coñecementos non específicos do programa. Este exercicio é obrigatorio e non eliminatorio.

Na fase de concurso valorarase a experiencia laboral (máximo 35 puntos) e formación (até 5 puntos).

Solicitudes e prazo

De acordo coa base terceira, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). O anuncio publicouse no BOE do 16 de xuño de 2025, polo que o prazo está aberto desde o 17 de xuño ao 7 de xullo (por ser inhábil o último día de prazo).

A solicitude debe formalizarse e aboar a taxa correspondente unicamente por medios electrónicos. Empregarase o seguinte formulario da sede electrónica: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalLaboral.htm

Dereitos de exame

Para inscribirse neste proceso selectivo é necesario pagar unha taxa por dereitos de exame de 44,17 euros.

Prazo deste procedemento selectivo

Será de 20 días naturais logo de que se publique o anuncio da convocatoria no BOE (publicada no BOE do 16 de xuño de 2025): prazo aberto até o 7 de xullo.

Sistema de selección: concurso-oposición

  1. Proba de lingua galega (exención con Celga 5)
  2. Cuestionario con 120 preguntas (temario específico)
  3. Proba práctica: comprensión oral en ambas as linguas, programacións didácticas e exposición oral
  4. Cuestionario con 30 preguntas (temario non específico). Proba non eliminatoria
  5. Concurso: experiencia laboral e formación

Formulario de inscrición

Acceso en https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalLaboral.htm

Información máis detallada

  1. Bases da convocatoria publicadas no DOG, en .pdf (DOG do 19 de maio de 2025)
  2. Información sobre esta convocatoria no web da USC
  3. Convocatoria publicada no BOE, en .pdf (BOE do 16 de xuño de 2025)

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio