Convocatoria dunha bolsa de formación de persoal técnico de publicacións no Parlamento galego

O Parlamento galego convoca unha bolsa de doce meses de duración para a formación práctica de persoal técnico de publicacións para persoas licenciadas en Filoloxía Galega ou en Tradución

OBXECTO

O obxecto da convocatoria é a concesión dunha bolsa individual para realizar os estudos e traballos de carácter técnico relacionados coa actividade parlamentaria que lle encomende o Servizo de Publicacións do Parlamento.

REQUISITOS

Poderán solicitar a concesión da bolsa as licenciadas e os licenciados universitarios españois en Tradución e Interpretación, rama de galego, ou en Filoloxía Galega. A titulación tería que estar obtida no ano académico 2004-2005 ou en anos posteriores e deberá acreditarse ao termo do prazo de presentación da solicitude.

DURACIÓN

A bolsa terá unha duración de doce meses.

RETRIBUCIÓNS

A contía total da bolsa será de 12.000 € brutos, que se percibirán logo de finalizado cada mes do prazo da súa duración a razón de 1.000 € e que estarán suxeitos á retención que legalmente proceda.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria da bolsa no Diario Oficial de Galicia.



BASES COMPLETAS (en .pdf)>


En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio