O Concello de Cedeira publicou no BOP do 11 de maio de 2021 a convocatoria e as bases para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística.
REQUISITOS DE TITULACIÓN
– grao en Lingua Galega, licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
– outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN
O proceso de selección consistirá en dúas fases:
– Concurso de méritos: valoraranse a experiencia profesional e os cursos de formación sobre materias relacionadas coas funcións da praza de máis de 20 horas. A valoración máxima desta fase é de 20 puntos.
– Entrevista curricular: a comisión realizará unha entrevista sobre aspectos do currrículo, funcións do posto, actualización de coñecementos, coñecemento do municipio. A valoración máxima desta proba é de 1 punto.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. É dicir, o prazo finaliza o 21 de maio de 2021.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na Sede Electrónica ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Bases e convocatoria en .pdf (BOP do 11 de maio de 2021)
Convocatoria dunha bolsa de emprego para TNL no Concello de Cedeira
O Concello de Cedeira publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística. O sistema de provisión será un concurso de méritos e entrevista curricular. Prazo para presentar solicitudes: 10 días naturais.