Os/as solicitantes deberán estar en posesión da licenciatura de Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa ou Filoloxía Románica, non levar licenciados/as máis de 2 anos e ter unha nota media igual ou superior a 1,5 puntos no expediente académico.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria (publicada o 26 de outubro).
Bases completas da convocatoria, en .pdf, aquí.
Convocatoria dunha bolsa de colaboración no Instituto da Lingua Galega
O Instituto da Lingua Galega convoca unha bolsa de colaboración para o proxecto Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega. O prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de novembro.