OBXECTIVOS
-Desenvolver iniciativas innovadoras, relacionadas coa planificación e a normalización lingüística
-Promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua
-Aproveitar as potencialidades técnicas e científicas e os recursos humanos existentes nas tres universidades, así como outros recursos externos a elas
MODALIDADES
A) Deseño dunha acción normalizadora
B) Premio a unha idea para a promoción do galego
PREMIOS
Modalidade A: 3.000 euros
Modalidade B: 1.500 euros
PARTICIPANTES
Poderán participar os membros da comunidade universitaria das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, ben individualmente, ben en grupo
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo para a presentación de solicitudes será até as 14.00 h do día 15 de novembro de 2010
Bases e información completa do premio >
Convocatoria do VII Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras
O SNL da Universidade da Coruña, en colaboración cos SNL das universidades de Vigo e Santiago e a SXPL, convoca o VII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego. Premiarase o deseño dunha acción normalizadora e unha idea para a promoción do galego. O prazo de presentación remata o 15 de novembro