Como xa se adiantou aquí, os convenios serán por tres anos, do 1 de xaneiro de 2009 ao 31 de decembro de 2011, e nas bases do programa recóllese que o obxectivo dos SNL será o de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos do termo municipal, non só no seo da propia administración, e especifícanse cales deben ser as súas funcións: asesorar á administración en todo o relacionado coa política lingüística; velar pola cumprimento da lexislación; planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade; promover e coordinar redes de traballo; planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos; mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración; coordinarse coa Deputación e outros concellos para planificar e executar accións de normalización; etc.
Con respecto á titulación, categoría laboral e contratación, as bases sinalan que os SNL deberán contar, cando menos, cun/ha especialista titulado/a superior en lingua galega: licenciado/a, en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), ou titulado/a en calquera outra licenciatura sempre que posúa o Celga 5. A súa categoría profesional será a de técnico/a de normalización lingüística. A súa contratación farase mediante un proceso selectivo no que se avalíen os coñecementos e as capacidades reais e prácticas das persoas candidatas para o desenvolvemento das funcións do posto de traballo respectando, en todo caso, os requisitos de igualdade, mérito e capacidade do candidato ou candidata.
Poderán participar na convocatoria todos os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos que cumpran cada un deles o requisito do número de habitantes.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
Presentación e explicación do programa no II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña
O deputado responsábel da Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, o nacionalista Xoán Sande, xunto co interventor adxunto, Juan Bautista Suárez, presentarán e explicarán este programa no II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña, que terá lugar o 22 de outubro no Pazo de Mariñán, organizado pola propia Deputación da Coruña coa colaboración e xestión da CTNL.