Convocatoria de subvencións para servizos de normalización lingüística (SNL) nos concellos de Lugo

A Deputación de Lugo convoca unha nova liña de subvencións para que os concellos desa provincia poidan crear servizos de normalización lingüística. A cada concello concederáselle unha cantidade de entre 10.000 € e 20.000 € para a posta en marcha ou mantemento do SNL ata xuño de 2016. O prazo de solicitude remata o 5 de xuño

Unha nova liña de axudas para facilitar que os concellos traballen a prol de incrementar socialmente o uso e prestixio da lingua galega e, polo tanto, conten con servizos de normalización lingüística. Neste caso, convocada pola Deputación de Lugo, que se suma así ás liñas de axudas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

Bases de subvencións para gastos correntes derivados da posta en marcha dos servizos de normalización lingüística (SNL) de nova creación ou para mantemento dos SNL para agrupacións de concellos da provincia de Lugo en réxime de concorrencia competitiva (BOP de Lugo do 6/5/15)

DESTINATARIOS

-Agrupacións de, cando menos, dous concellos da provincia de Lugo que sumen, como mínimo, 7.000 habitantes

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS

-Desde a adxudicación até o 30 de xuño de 2016

PRAZO DE SOLICITUDE

-Até o 5 de xuño de 2015

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-Grao de financiamento propio; perfil de interese e calidade da actividade para desenvolver polo SNL; grao de consolidación territorial do SNL; impacto e repercusión; innovación e creatividade; e duración da contratación.

ORZAMENTO

-O orzamento total máximo que a Deputación de Lugo lle dedica a esta convocatoria é de 100.000 euros

CONTÍA DAS AXUDAS

-A contía das axudas a cada SNL é de, como mínimo, 10.000 € e, como máximo, 20.000 €

PERÍODO MÍNIMO DE CONTRATACIÓN DO PERSOAL

-Para contratos a media xornada: 9 meses

-Para contratos a xornada completa: 5 meses

FUNCIÓNS DOS SNL

-Dinamización lingüística

-Formación sociolingüística

-Asesoramento lingüístico

REQUISITOS CON RESPECTO Á CONTRATACIÓN DE PERSOAL DO SNL

-Os servizos de normalización lingüística (SNL) das agrupacións de municipios deberán contar, cando menos, cun/ha especialista titulado/a superior en lingua galega: licenciado/a en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués). A súa contratación farase mediante un proceso selectivo no que se avalíen os coñecementos e as capacidades reais e prácticas das persoas candidatas para o desenvolvemento das funcións do posto de traballo respectando, en todo caso, os requisitos de igualdade, mérito e capacidade do candidato ou candidata e, os demais principios recollidos no artigo 55.2 da Lei 7/2007, de 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico do empregado público

A convocatoria completa, en .pdf, pode consultarse aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio